viernes, 9 de mayo de 2014

A "Poeción Cansía" homenaxe a Díaz Castro

Ola xentiña, aquí vos deixo a Poeción Cansía que imos facer. Non queda ben de todo porque xa sabedes que ando tocado da gorxa, se non deixaríavos abraiados. Despois habémoslle meter máis detalles para facer puro espectáculo do noso, xa vós sabedes... jejeje


jueves, 7 de noviembre de 2013

¡Amigos para sempre! O Equipo C é inseparable

Levabamos xa uns meses sin actualizar a nosa páxina de O Equipo C e xa ía tocando unha renovación porque temos compañeiras novas e gran cantidade de experiencias e cousiñas que compartir. Mais esta primeira entrada do curso facémola con un pouco de tristura porque se nos vai un amigo.

Brandon volta a Colombia despois de varios anos gañándose os nosos corazóns, arrincándonos sorrisos infinitos e facéndonos extremadamente felices coa súa personalidade amable, simpática e bondadosa. Algúns coñecémolo desde hai anos e outros so uns meses, pero todos nos quedamos con unha gran lembranza enmarcando cada momento vivido ao seu carón. Non marcha un compañeiro, faino un amigo ou mellor dito un AMIGO, así coas letras ben grandes, como el, un tío grande onde os haxa.


Agardamos que sigas visitando esta páxina e sigamos mantendo o contacto, que non nos esquezas e que non deixes de vivir con intensidade cada un dos momentos que che depare a vida agora que volves á túa terra natal. Queremos imaxinar un futuro lonxano no que sigamos vendo como se non pasara o tempo o teu resplandecente rostro aportando luz aos días máis escuros con esa gracia que so ti tes.

Brandon, aquí tes á túa xente, á túa familia. ¡¡¡QUERÉMOSTE!!!

jueves, 6 de junio de 2013

¡Empuxonciño final!

¡Veña veña que chegan as vacacións! Nun par de semaniñas estamos facendo a maleta de camiño a 6º pero primeiro hai que rematar os exames deste curso que agora ao final tan duro se está volvendo. Aí queda a sección das nosas cancións actualizada así como os exames que afrontaremos a vindeira semana. ¡Ánimo que queda o último esforzo!

viernes, 24 de mayo de 2013

Estivemos indagando sobre algunhas aves da nosa comunidade e esta é a nosa pequena guía, que pouco a pouco iremos ampliando.

lunes, 13 de mayo de 2013

Representantes de O Equipo C na exposición sobre Paco Lareo: "A Solaina do Golmar"

Xa temos escollidas as dúas copias que representarán á nosa clase na exposición "A Solaina do Golmar" que, con motivo da homenaxe que lle rendemos a esta gran persoanxe da nosa cultura, se vai celebrar o vindeiro xoves, 16 de maio. Case por unanimidade as elexidas foron as obras de Antía e Laura, que souberon reflexar moi ben a riqueza da pintura orixinal así como representar a idea do arte de Paco e da súa Fundación. A obra elexida foi "Todo el é o contrato" e esta é a versión das nosas compañeiras:


Con Paco Lareo xa son catro as figuras que acadan especial recoñecemento na escola, a saber: Xesús Golmar, Neira Vilas, Luís Areán e agora o célebre artista cruceño. Falamos de que a trascendencia desta xente vai moito máis alá do eido profesional e que souberon compartir xenerosamente a súa riqueza ¡nalgúns casos incluso economicamente! para loitar por un sociedade un pouquiño mellor, tomando a cultura e o amor pola terra por bandeira. Son, sen dúbida, exemplos a seguir como profesionais e como persoas.

martes, 30 de abril de 2013


O venres estiveron con nós Armindo Salgueiro e Damián Paío para falarnos e explicarnos a obra de Paco Lareo. Amosáronnos varios dos seus cadros e desvelaron os segredos para a súa realización, animándonos ademais a experimentar nas artes plásticas.

Paco Lareo está moi vencellado ao noso colexio, ademáis de por ter sido un dos máximos expoñentes culturais da comarca, porque foi o que deseñou o logotipo do Xesús Golmar. Por quen foi e o que significou para nós pronto lle faremos unha homenaxe.

De momento estamos traballando na clase a súa obra, que podedes ver aquí.

Dentro da súa Galería Itinerante escollemos a pintura "Todo el é o contrato", que estamos tentando reproducir ¡pero non é nada doado! Cando as teñamos rematadas ensinarémolas, a ver se se vos parecen en algo.


miércoles, 24 de abril de 2013

O noso Félix Rodríguez de la Fuente

No Equipo C temos a un Félix Rodríguez de la Fuente particular (pincha no nome para coñecer máis sobre el). Trátase de Isaac que, con motivo do traballo de investigación que estamos a facer sobre as aves agasallounos con algunhas das imaxes que tomou durante moito tempo de observación. ¡Admirade un traballo que non ten desperdicio algún!