lunes, 13 de mayo de 2013

Representantes de O Equipo C na exposición sobre Paco Lareo: "A Solaina do Golmar"

Xa temos escollidas as dúas copias que representarán á nosa clase na exposición "A Solaina do Golmar" que, con motivo da homenaxe que lle rendemos a esta gran persoanxe da nosa cultura, se vai celebrar o vindeiro xoves, 16 de maio. Case por unanimidade as elexidas foron as obras de Antía e Laura, que souberon reflexar moi ben a riqueza da pintura orixinal así como representar a idea do arte de Paco e da súa Fundación. A obra elexida foi "Todo el é o contrato" e esta é a versión das nosas compañeiras:


Con Paco Lareo xa son catro as figuras que acadan especial recoñecemento na escola, a saber: Xesús Golmar, Neira Vilas, Luís Areán e agora o célebre artista cruceño. Falamos de que a trascendencia desta xente vai moito máis alá do eido profesional e que souberon compartir xenerosamente a súa riqueza ¡nalgúns casos incluso economicamente! para loitar por un sociedade un pouquiño mellor, tomando a cultura e o amor pola terra por bandeira. Son, sen dúbida, exemplos a seguir como profesionais e como persoas.

No hay comentarios:

Publicar un comentario