jueves, 7 de noviembre de 2013

¡Amigos para sempre! O Equipo C é inseparable

Levabamos xa uns meses sin actualizar a nosa páxina de O Equipo C e xa ía tocando unha renovación porque temos compañeiras novas e gran cantidade de experiencias e cousiñas que compartir. Mais esta primeira entrada do curso facémola con un pouco de tristura porque se nos vai un amigo.

Brandon volta a Colombia despois de varios anos gañándose os nosos corazóns, arrincándonos sorrisos infinitos e facéndonos extremadamente felices coa súa personalidade amable, simpática e bondadosa. Algúns coñecémolo desde hai anos e outros so uns meses, pero todos nos quedamos con unha gran lembranza enmarcando cada momento vivido ao seu carón. Non marcha un compañeiro, faino un amigo ou mellor dito un AMIGO, así coas letras ben grandes, como el, un tío grande onde os haxa.


Agardamos que sigas visitando esta páxina e sigamos mantendo o contacto, que non nos esquezas e que non deixes de vivir con intensidade cada un dos momentos que che depare a vida agora que volves á túa terra natal. Queremos imaxinar un futuro lonxano no que sigamos vendo como se non pasara o tempo o teu resplandecente rostro aportando luz aos días máis escuros con esa gracia que so ti tes.

Brandon, aquí tes á túa xente, á túa familia. ¡¡¡QUERÉMOSTE!!!

9 comentarios:

  1. ¡¡¡¡¡¡¡VIVA BRANDON !!!!!!!!!! (Álex)

    ResponderEliminar
  2. Nunca te olvidaremos Brandon siempre estaras nos nosos corazons (Lucia)

    ResponderEliminar
  3. brandon fucheste PERO K SEPAS K NO NOSO CORAZON ESTAS e que sepas que te queremos como un irman BRANDON TE QUEREMOs puesto por naty

    ResponderEliminar
  4. Que paso con la página por que no la actualizan (Brandon)

    ResponderEliminar
  5. Por los recortes en la plantilla.(Álex)

    ResponderEliminar
  6. Hola profe quero pedirle mil disculpas por todo lo que le pude causar,no tuve la intencion de crear ningun problema ni al colegio y menos a usted ,tambien aprovecho para pedir disculpas a la direccion del colegio y a la directora Maria Jesus.Porfavor pido nuevamente que me disculpen escribe Elena Alina Subtirel

    ResponderEliminar
  7. ( yo fuy la que puse los carteles de los juegos populares)

    ResponderEliminar
  8. Brandon aora a nps tamen nos toca deixar o colejio foi ub gran placer ali pero sera mellor indo aprebdendo nais cousas(natalia)

    ResponderEliminar