O día 6 de marzo tivemos un convidado moi especial. Percorrendo medio mundo (dende a clase de 5º B que está ao lado) chegou Miguel Lamazares para amosarnos o seu don da palabra. Contounos varios contos que nos fixeron escachar coa risa (aínda que algún nos costou entenderllo jejeje).
Pola forma de contar e polas historias que narraba lembrábanos a Celsiño. ¡Aquí ten un bo discípulo!
¡Grazas Miguel por facernos pasar tan bo rato!

No hay comentarios:
Publicar un comentario