miércoles, 3 de abril de 2013

Marcos Míguez, fotógrafo

¡Que tarde tan ben aproveitada! Hoxe visitounos Marcos Míguez, fotógrafo en "La Voz de Galicia" para darnos a coñecer como é o seu traballo como fotoxornalista. Explicounos como con unha imaxe se pode contar unha historia, a importancia de estar preparado en todo momento, de ter paciencia e perseverancia, de confiar en un mesmo, apostar decididamente polos camiños que tomemos e a relevancia de formarnos integramente, ser xente culta e ilustrada. Unha vez que estemos formados como persoas poderemos adicarnos ao que queiramos con garantías de éxito. Máis alá da fotografía deunos moi bos consellos que tentaremos seguir.

Aquí vos deixamos unha pequena presentación do seu traballo para que vexades a gran carga emocional que posúen as súas imaxes.

No hay comentarios:

Publicar un comentario