domingo, 21 de abril de 2013

Exposicións orais

Levamos varios días facendo unhas interesantes exposicións orais na clase. Cada un preparou un tema, primeiro por escrito, facendo un importante exercicio de documentación (ben, case todos fixeron ese importante exercicio...) e agora contándollo aos compañeiros. Algúns, como Laura e Isaac fixeron moi boas exposicións con soporte gráfico incluido o que facilitou que todos nos enteraramos mellor de que ía o conto. Que nos saibamos expresar correctamente é moi importante para desenvolvernos nun mundo que cada día parece máis difícil pero onde todavía queda lugar para a ilusión e maxia do Equipo C.
Outras exposicións destacadas foron as de Samuel e Tito, que aportaron moitísima información sobre os seus respectivos temas satisfacendo a curiosidade de todos os compañeiros que preguntaron e preguntaron. Houbo quen respondeu ás cuestións plantexadas con inxenio... e houbo a quen se lle notou demasiado que estaba improvisando, pero é normal tendo en conta o difícil que resulta falar en público. ¡Seguro que dentro duns meses, coa práctica, todos o facemos moito mellor!

Algún detalle simpático da posta en escea foi cando Brandon, todo cheo de razón, preguntou se había máis preguntas ¡como se non vira que case todos tiñan a man levantada á espera de plantexar as súas dúbidas!










O clima da clase foi de continuo respeto e atención. Todos sabemos cales son os momentos para as bromas e cales os de manter a compostura e ser xente formal e seria. Gústanos a festa pero sabemos estar. ¡Fíxadevos neste exemplo se non nos credes!

No hay comentarios:

Publicar un comentario