O luns fomos ao cine a ver "Tadeo Jones". Fomos convidados polo festival "Anirmau", o festival de cine de animación que organizan desde o IES Ramón Aller e que ten gran repercusión a nivel internacional.
Fomos andando dende o colexio facendo unha pequena ruta que O Equipo C se encargou de animar cos seus cánticos excursioneiros, poñendo boa cara ao mal tempo e dando un toque de cor cos nosos impermeables e paraugas tan alegremente decorados.
A banda sonora da película é unha canción ben coñecida por todos que espontaneamente coreamos ao rematar a película mentres soaba nos créditos.


No hay comentarios:
Publicar un comentario